📮 Misións de convivencia
Cada día, alguén saca unha misión da caixa da clase e todos tentan cumprila: saudar cun sorriso, escoitar ata o final, invitar a xogar a quen está só… Ao rematar o día, coméntase e márcase no rexistro. As misións son de toda a clase: non hai nomes nin puntos individuais.
Ideas para usalas
- Pegade a etiqueta nunha caixa de zapatos cunha fenda: é a caixa das misións da clase.
- En decembro, unha misión de inverno cada día lectivo; o resto do ano, as do curso (unha ao día ou unha á semana).
- Ao final do día, un momento para comentar: que pasou?, como nos sentimos?
- Coa versión de debuxo grande, quen o necesite ten a mesma misión con apoio visual.