Privacidade
En resumo: non hai rexistro, non usamos cookies e non tratamos datos persoais do alumnado nin do profesorado. As fichas xéranse ao momento e non se gardan.
Fichas, cadernos e diplomas
- Non pedimos nomes. As fichas, a portada do caderno e os diplomas levan unha liña para escribir o nome a man. Se queres, podes escribir o nome do alumno para que saia impreso na ficha: envíase só para xerar ese PDF, fóra do enderezo web (que é o que queda nos rexistros técnicos), e non se garda en ningún sitio.
- Cada PDF xérase no momento a partir das opcións que escolles e envíase ao teu navegador: non se garda no servidor.
- O que escribas nos campos opcionais (título do caderno, motivo do diploma) só se usa para xerar ese PDF e non se almacena. Aínda así, pedímosche que non escribas nomes nin datos do alumnado.
- O código QR de cada ficha só leva un código da ficha (que contido e que versión), nunca datos de quen a usa.
O que se garda no teu navegador
- «A miña aula» (comunidade e curso) e as túas últimas opcións (versións, maiúsculas, deseño…) só se gardan no teu navegador (almacenamento local), para que non teñas que escollelas cada vez. Non son cookies e non nos chegan.
- Podes borralas co botón «Volver ás predeterminadas» ou borrando os datos deste sitio no teu navegador.
Estatísticas de uso (sen cookies)
- Contamos, de forma anónima e agregada por día, que páxinas se visitan e que fichas se descargan (por exemplo: «hoxe, 12 descargas da letra M; 5 coa versión TDAH»), para saber que contidos facer primeiro.
- Non gardamos enderezos IP, nin o navegador, nin identificadores, nin usamos cookies: non se pode saber quen descargou que.
Datos técnicos imprescindibles
- Para evitar abusos (descargas masivas) o servidor leva a conta das peticións de cada enderezo IP durante 10 minutos, só en memoria; despois esquécese.
- O provedor de aloxamento (Render) pode rexistrar de forma temporal datos técnicos de conexión por seguridade, segundo a súa propia política de privacidade.
Sen publicidade
A web non ten anuncios nin rastrexadores de publicidade, e os PDF e a versión en pantalla que usa o alumnado non os terán nunca.
Pictogramas
Os debuxos son de OpenMoji, con licenza CC BY-SA 4.0 (indícase no pé de cada PDF).
Última actualización: novembro de 2026.