Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA)
Planificar desde o principio para toda a diversidade da aula: varias formas de motivar, de presentar a información e de que o alumnado amose o que sabe. A LOMLOE recólleo como principio. (Fonte: Pautas DUA de CAST)
Como comezar mañá
- Escolle un obxectivo para toda a clase.
- Prepara a mesma actividade en varias versións (con apoio visual, con menos texto, con reto).
- Deixa que cada alumno escolla como responder: escribir, debuxar, dicir ou sinalar.
Como organizarse
Na aula ordinaria e co mesmo contido para todos: cambian o acceso e os apoios, non o obxectivo.
Material da web
- A ficha multinivel: todas as versións á vez
- Necesidades educativas
- 🖨️ Planificador DUA dunha sesión — Para preparar unha sesión pensando desde o principio en toda a clase.